UNED SENIOR
Tras catro anos de andadura, apóiase novamente o proxecto da UNED SENIOR para que tódalas persoas maiores de 52 anos do Concello, con independencia da súa formación previa, poidan formarse en distintas temáticas co respaldo da UNIVERSIDADE NACIONAL DE EDUCACIÓN A DISTANCIA.
Para o primeiro catrimestre do curso cóntase coas seguintes materias:
MÚSICA E/OU MÚSICA GALEGA
NOVAS TÉCNICAS E MEDICAMENTOS
HISTORIA DE GALICIA; impartida por Felipe Senén (os martes pola tarde)
Anímase a tódalas persoas maiores de 52 anos a participar desta novidosa iniciativa.
O día 23 de setembro, ás 20:00 horas, realizarase unha reunión na Casa do Concello. Nela proporcionarase información sobre todo o relativo a esta iniciativa.
|