PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO
Está aberto o prazo para solicitar a participación no Programa de Termalismo Social do IMSERSO.
Poden participar persoas maiores de 65 anos e os pensionistas maiores de 60. O solicitante pode ir acompañado por o cónxuxe aínda que non cumpra os requisitos de pensión nin idade.
Este programa ofrece os servizos de:
1.-Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa
2.-Tratamentos termais básicos
3.-Actividades de animación
4.-Póliza colectiva de seguro turístico.
As quendas son de 12 días e os prazos son os seguintes:
a)Ata o 15 de xaneiro de 2010, para as quendas de febreiro ata agosto.
b)
Ata o 17 de maio de 2010, para as quendas de setembro a decembro.
As persoas interesadas en recibir maior información poden dirixirse á Oficina de Servizos Sociais do Concello de Paderne.
|