| SANEAMENTOS (14 setembro 2006)
A XUNTA E A DEPUTACIÓN FARÁN O SANEAMENTO NAS PARROQUIAS DE OBRE E SOUTO.-
Noutra das visitas do Alcalde César Longo ó Conselleiro de Medio Ambiente Manuel Vázquez trataron diversas actuacións no Concello, entre as que cómpre salientar:
*1ª FASE SANEAMENTO EN OBRE: 54.000 EUROS (obra xa rematada)
*SANEAMENTO EN GAS-SOUTO.- 199.751,97 EUROS (obra adxudicada polo Consello da Xunta)
*SANEAMENTO NA PARROQUIA DE SOUTO.- 317.630,36 EUROS (próxima aprobación no Consello da Xunta)
Así mesmo solicitouse á Deputación Provincial a incorporación no Plan Operativo Local (POL 2006) a 2ª FASE DO SANEAMENTO EN OBRE por un importe de 299.756,86 EUROS.
SANEAMENTO DE GAS, SOUTO
O pasado día 6 de abril aprobouse no Consello da Xunta o Saneamento de Gas, Souto.
Este foi un dos temas que César Longo lle plantexou ó Conselleiro de Medio Ambiente na entrevista mantida o pasado outubro e que se vai a poder realizar en breves datas. O Concello sacará a contratación as obras e unha vez contratadas terán un prazo de execución de tres meses.
Coa realización destas obras o núcleo de Gas e parte de Souto van a contar cunha rede de saneamento que contribuirá a palia-los problemas derivados do vaciado de fosas sépticas e as consecuencias medioambientais que deste feito se derivan.
O Proxecto de Saneamento de Gas, Souto, fora xa solicitado por Acordo Plenario de 19 de xuño de 2002 ó anterior Goberno da Xunta; concedido pero non dotado de partida presupostaria, atopábase parado co conseguinte perxuizo para os veciños desta parroquia que non podían dispor da instalación de saneamento imprescindible para a recollida dos vertidos de materia orgánica.
|