Praias   Montes   Castros      
Regatos
Regueros            
XEOGRAFÍA::RIOS<<volver 1 2      

 

Puccionelia, plantago marítima, o que confire a este ecosistema un valor ecolóxico absolutamente insubstituíble.

No entorno de Chelo, o bosque de aliso e sauce, máis próximo a beira do río, acompáñase dunha importante variedade de árbores como abeleiras, castiñeiros, abedujos, freixos e robles na parte máis alexada da auga e un conxunto aínda maior de arbustos e herbáceas como silvarda, fieito real, narcisos, menta acuática, ranúnculos, fresas silvestres, lirios, etc, que serven de refuxio e alimento a importante fauna do río.

O salmón atlántico, especie cada vez máis escasa nas augas galegas, aínda remonta a ría de Betanzos buscando as zonas de desove no río Mandeo onde coincide con troitas e reos. A marisma constitúe un hábitat de importancia rexional para as aves palustres, sobre todo as migratorias, que as utilizan como refuxio nos seus desprazamentos migratorios. Nas xunqueiras abundan zarapitos, correlimos, chorlitos y agullas, garzas, agachadizas e anátidos como a ánade real e silbón, pato cuchara, cercetas….

O río ten como mascota a salamandra, aínda que esta non é nin moito menos o único animal facilmente observable nos contornos. Aves como as lavandeiras alba e cascadeña, merlo acuático, martín pescador, mito, azor, gavilán, garza real, andarríos… son facilmente observables. Os mamíferos máis frecuentes e desgraciadamente menos visibles, son o zorro, teixo e sobre todo a nutria, aínda que é moi probable localizar os seus rastros en forma de pegadas ou excrementos.

 

Río Lambre:

É un río da vertente setentrional de Galicia. O seu canle drena parte dos Concellos de Monfero, Vilarmaior, Paderne e Miño.

Nace en Santa Xuliana (Monfero), a 520 m de altitude polo medio dos arroios Orballeira, Rioseco, Cal do Seixo e Veiga desembocando na Ponte do Porco .

O río Lambre , a pesar do seu humilde caudal e reducido recorrido (15 Km), ofrece preciosos rincóns para aproveitar a natureza e lanza-la caña. Sobre el, ademais, construíu Fernán Pérez de Andrade no século XIV unha das sete famosas pontes que facilitaban o paso de carruaxes polos seus dominios. Este foi tan famoso que deu nome o lugar de Ponte do Porco, o xabaril, animal totémico dos Andrade, labrado en pedra xunto ca obra, orixinou a denominación popular.

Outro lugar interesante son as marismas da ría e o lugar onde a mencionada ría se comeza a espallar, ofrecéndonos os seus marabillosos encantos.

A vexetación climática corresponde a carballos de especie Quercus Robar, aínda que lixeiramente diferentes no que á súa composición florística se refire.

Sen embargo, na actualidade a situación é moi diferente. Hoxe a zona encóntrase cuberta por masas, nas que alternan o eucalipto e o pino, predominando o primeiro sobre o segundo, aínda que se conserva unha plantación de carballos. Tamén se atopa algún resto de fragas e de bosques de ribeira.

Xunto ás especies propias destas condicións climáticas, engádense outras propias de ambientes fluviais, como son os olmos, abetos, bidueiros, freixos, alisos e abeleiras.

Por outra parte, os matorrais aparecen mesturados con especies caducifolias, de repoboación ou con pastizais, aínda que os matorrais son a especie máis representada, sendo a máis habitual o toxal-brezal contando tamén con brezos, breciñas, aulagas, fieitos….

Nesta zona encóntranse representados tódolos grupos de animais, sendo o grupo das aves o que probablemente conta con maior diversidade de especies, destacando algunhas como o merlo de auga, as lavandeiras ou o martiño pescador.

Entre as especies piscícolas, hai que destaca-la presencia da troita, a anguía e o múxel.

Os mamíferos tamén son abundantes, podendo ver desde morcegos, pasando por ardillas vermellas ata os mamíferos de maior tamaño como as lontras.

 
1 2