Ríos: Lambre Mandeo
O privilexiado asentamento do Concello de Paderne, situado na beira dunha fermosa ría e circundado polos ríos Mandeo e Lambre, outórgalle á paisaxe deste municipio unha gran beleza quedando reflectida no lema que acompaña ó seu escudo “Paraíso entre ríos”. Estes ríos serven de fronteira natural cos concellos de Betanzos, Coirós e Miño.
Río Mandeo:
O río Mandeo nace no lugar coñecido como Marco das Pías (Sobrado dos Monxes). Recorre uns 56 Km, sendo o maior da vertente atlántica da provincia de A Coruña despois do Eume, ata desembocar no Golfo Ártabro, formando xunto co río Mendo, a ría de Betanzos.
Caracterízase polas súas fragas de ribeira ben conservadas e por albergar poboacións importantes de salmón no curso baixo do río, e xa en contacto coa auga do mar, fan a súa aparición as marismas formadas principalmente por xuncais.
Ó longo do percorrido do Mandeo atopámonos con diversos hábitats:
Chairas lamacentas ou areosas, que non están cubertas de auga cando
haimarea baixa.
Lagoas costeiras
Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas
lamacentasou areosas.
Pasteiros de Spartina.
Pasteiros salinos atlánticos
Mato halófilo mediterráneo e termoatlántico
Bosques aluviais de alisos (Agnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior).
AAínda que os xuncos compoñen a vexetación dominante do espacio natural, encóntranse ben definidas distintas zoas, dependendo da profundidade e a salinidade da auga.
No centro do estuario (desembocadura dun río caracterizada por unha ampla abertura por onde o mar penetra terra dentro) aparece, en marea baixa, unha chaira intermareal colonizada por zoostera mariña. A ambos lados crecen praderías de salicornia que van sendo substituídas a medida que nos acercamos ó exterior polos xuncos mariños no fondo da ría; xunto a desembocadura dos ríos o xunco é substituído por carrizo e xunca. Existe ademais unha extensa representación de especies típicas de augas salinas, como áster, limonium,
|