CALLOS
Ingredientes:
1 kg de garabanzos
4 kg de callos de tenreira
unha pata de porco
un codillo
2 chourizos
200 gr. de touciño
1 cabeza de allos
3 cebolas
unha guindilla
pimentón picante
pimentón doce
azafrán
cominos
Elaboración:
Axudándonos dun coitelo, limpamos e troceamos os callos e a pata que posteriormente lavaremos con auga.
Nunha ola poñemos os callos e a pata a cocer con auga fría. Cando fervan escórrense e pónselles outra auga limpa e sazonada, á que lles engadiremos os allos, as cebolas, a guindilla e o touciño para deixa-los cocer a fogo lento.
Cando a carne estea tenra (ó redor de 2 horas), agréganselle os garabanzos, que estarán en remollo desde o día anterior. Déixanse cocer e cando estén no seu punto, retíranse os allos, machácanse as cebolas xa cocidas e o touciño, añádeselle o pimentón picante e doce, o azafrán e os cominos e rectifícase o punto de sal ó gusto.
Prato proporcionado por: Casa Vidal (Souto)
Brazo de xitano
Ingredientes para o biscoito:
6 ovos
6 culleradas de azucre
6 culleradas de fariña
Elaboración:
Batimos as claras a punto de neve e a continuación engadimos as xemas e o azucre. Cando esté ben batido incorporamos a fariña tamizada moi amodo e case sen remexe-la mezcla.
No molde, que teremos previamente untado con mantequilla, vértese o batido. Introdúcese no forno lixeiramente forte durante quince minutos.
Ó sacalo do forno, colócase sobre un pano con azucre e mantequilla e enrólase.
Ingredientes para a crema pasteleira:
1 l. de leite
6 xemas
6 culleradas de azucre
3 culleradas de maicena
corteza de limón
Canela en rama
Elaboración:
Desfanse as xemas con azucre e a maicena e, pouco a pouco, añadímoslle o leite. Poñemos nunha ola a fuego moderado e incorporamos o pau de canela e a corteza de limón. Cunha culler removemos a mezcla sen parar e sempre no mesmo sentido ata que ferva, momento no que espesará.
Unha vez fríos o biscoito e a crema pasteleira, procédese a rellena-lo biscoito. Tras quitarlle o pano, emborráchase o biscoito con almíbar ou cun viño doce e vértese a crema.
Enrólase e decórase ó gusto de cada un.
Prato proporcionado por: Casa Vidal (Souto)
|