Establecementos de comidas con algunha das súas especialidades    
Empanadas Queixos Doces Viño e augardente    
::GASTRONOMIA::Recetas  
  CALLOS   Brazo de xitano      
  Coroa de vainilla ó crocanti (6 persoas)   Mans de porco      
  Rape en salsa de ameixas e gambas: (4 personas) Tiramisú      
     
 

Coroa de vainilla ó crocanti (6 persoas)

Ingredientes:
75 gr de azucre (para o caramelo)
unha culleradiña de zume de limón
300 gr de nata montada
3 ovos
unha culleradiña de vainilla en po (para o crocanti)
100 gr de améndoas tostadas

 


Elaboración:
Nunha tixola derretemos o azucre co zume de limón; cando o caramelo estea dourado engadimos as améndoas e remexemos un pouco sobre o lume. Vertemos rapidamente sobre unha superficie dura cuberta cun papel untado con graxa, deixámolo que mornee e despois triturámolo.

Separamos as claras das xemas e batemos estas últimas ata que estean cremosas, engadimos a nata montada pouco a pouco.

Batemos as claras a punto de neve e engadímolas á mestura anterior removendo sempre con coidado; por último agregamos o crocanti cunha pouca de vainilla.

Botamos todo nun molde e introducímolo no conxelador polo menos 6 horas. No momento de sacalo empapamos un pano con auga quente e poñémolo arredor do molde para que se desprenda ben o xeado.
Prato proporcionado por: Café-Bar Vidal
(Areas, Adragonte)


Mans de porco

Ingredientes:
Mans de porco salgadas
Tomates
Pemento vermello
Pemento verde
Cebola
Allo
Perexil
Aceite
Fariña
Un vaso de viño branco

 

 

Preparación:
Poñemos a remollo as mans de porco durante 24 horas cortadas en catro cachos. Nunha pota poñémolas a ferver con auga ata que estean ben cocidas. Cando estean cocidas sacámolas da pota e deixamos que morneen ben.

Nunha tixola realizamos o sofrito coas verduras ben picadas.

Mentres tanto noutra tixola fritimos as mans rebozadas nunha pouca fariña (ben secas para que salten o menos posible); cando estean poñémolas nunha tarteira e botamos por encima o sofrito xunto co vaso de viño branco (podemos tamén pasa-lo sofrito pola batidora), un pouco de aceite de fritilas e un pouco de auga da cocción.

Deixamos que se faga todo un pouco e servimos con pataca cocida.
Prato proporcionado por: Café-Bar Vidal (Areas, Adragonte)



Recetas                  
Feria de Paderne: