Establecementos de comidas con algunha das súas especialidades    
Empanadas Queixos Doces Viño e augardente    
::GASTRONOMIA::Receitas  
  CALLOS   Brazo de xitano      
  Coroa de vainilla ó crocanti (6 persoas)   Mans de porco      
  Rape en salsa de ameixas e gambas (4 persoas) Tiramisú      
     
 

Rape en salsa de ameixas e gambas:
Ingredientes:
8 pedazos de rape
½ kg de ameixas
½ kg de gambas
1 cebola
1 dente de allo
2 ovos
fariña
un chorro de viño branco (Alvariño)
pementa branca
1 guindilla
pemento doce
1 pastilla de caldo
aceite de oliva
sal
perexil

 

 

Elaboración:
Salpimentamos o rape e rebozámolo en fariña e ovo. Fritímolo e reservámolo nunha tarteira o suficientemente grande para que non se amontoe.

Cocemos as ameixas e as gambas reservando a súa salsa.

Nun pouco aceite vamos fritindo a cebola picada moi miúda xunto co dente de allo, o perexil e a guindilla. Cando teñamos isto ben pochado engadimos o viño branco e a pastilla de caldo e deixamos que se faga ben.

Ó estar consumido o viño engadimos o pemento doce e dúas culleradas de fariña, removemos ben todo como si se preparase unha bechamel. Botámoslle un pouco de auga de coce-lo marisco, deixamos que ferva un pouco e probamos de sal.

Cando a salsa estea preparada engadímola por riba do rape xunto coas ameixas e as gambas, deixamos que se unan un pouco os sabores e servimos.
Prato proporcionado por: Café-Bar A´Gurita (Obre)

Tiramisú

 

Ingredientes:
500 gr de queixo Mascarpone
100 gr de azucre
4 xemas de ovo
3 claras
biscoitos de soletilla
café con un chorro de licor (Tía María)
cacao en po
500 gr de nata montada

Elaboración:
Bátese o queixo co azucre e as xemas ata que a mezcla quede ben ligada; logo incorpóranse as claras a punto de neve e a nata montada.

Poñemos nun molde os biscoitos empapados no café co licor e por riba vanse cubrindo coa crema que xa temos preparada. Espolvoreamos co cacao e engadimos outra capa de biscoitos, outra de crema e rematamos co cacao.

Deixamos que repouse a tarta na nevera unhas horas antes de servir.
Prato proporcionado por: Café-Bar A´Gurita (Obre)


Recetas                  
Feria de Paderne: