Praia a da Abeleira
   
::PRAIAS::A Xurela <<volver          

 

“A Xurela”, praia situada no lugar de Insua, pertencente á parroquia de Viñas, é unha pequena cala á que se accede por unha pista que discorre por detrás do hostal Brisa situada en plena desembocadura da ría e desde a que se divisan tanto Sada como a praia pequena de Miño e a entrada da ría de Ferrol.

Praia moi abrigosa e tranquila na que antes se recollía moito berberecho, longueirón, mexillón, mincha e en menor cantidade ameixa.

Nela entraba moito xurelo de aí o seu nome; as xentes cargaban unhas algas ás que denominaban marmulo para abona-las leiras e utilizar tamén como remedio para algunhas doenzas.

 

 

 
 
Feria de Paderne: