Pazo de Porto, en Viñas
   
::PAZOS::PAZO DE MONTECELO, EN VIÑAS <<volver 1 2      

 

Situado no lugar de Montecelo, parroquia de San Pantaleón das Viñas. Fíxose este pazo fronte á igrexa románica no medio dunha paisaxe de arboredas, prados e labradíos.

A fachada, sinxela e severa, cun torreón lateral que a penas excede o aleiro do edificio, presenta como único detalle decorativo un ben labrado escudo, cobixado por manto e coroa como indicativo de grandeza de España ou de elevada dignidade do goberno ou da milicia que, ó menos no que se sabe, non debe corresponder a ningún dos señores desta casa. Estes signos estarían relacionados con algunha propiedade de Don Pedro de Aldao Barbeito, Mestre de Campo dos Exércitos de Sicilia e de Cataluña e electo Virrey de Navarra, directamente emparentado cos Bermúdez de Castro da Casa de Gondar, ou ben co sobriño deste personaxe, chamado así mesmo Pedro de Aldao, Mestre de Campo, Gobernador de Henault e Xefe do Tercio de Valladares.

 

No escudo, profusamente cuartelado, advírtense os escaques de Bermúdez, as cinco lises de Aldao, a banda engolada de dragantes de Andrade, a ponte de Ponte e outras insignias. Ningunha delas parece corresponder ós Fajardo, Somoza, Alfeirán e Posada que antigamente posuíron a casa o o blasón que recorda ós presuntos fundadores e ó de Andrade.

O primeiro señor coñecido desta casa é Don Fernando Fajardo de Andrade, casado con Dona Felipa Somoza e Alfeirán, que vivía en 1683. Este matrimonio uniu a San Pantaleón das Viñas propiedades como a Torre de Silán e o Pazo da Misericordia, os dous nas proximidades de Viveiro. A súa filla, Dona Gertrudis, casou co seu parente Don Juan Antonio Bermúdez Fajardo de Andrade, dono da ilustre Casa de Gondar, nas inmediacións de Pontevedra, fillo de Don Antonio Bermúdez de Castro e Aldao e de Dona María Fajardo de Andrade.

 

 
1 2  
 
Feria de Paderne: