powered by FreeFind

  Volver
 

P.I.E.G.- REDE NATURA (MELLORA NO ENTORNO DA REDE NATURA)

 

O Concello de Paderne recibiu unha subvención por un total de 43.704,18 Eu. para a contratación, por un período de 6 meses, de catro traballadores; 1 licenciado e 3 peóns que realizarán labores encamiñadas á mellora no entorno da Rede Natura 2000 á cal pertence o noso Concello.

Estas axudas, concedidas pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia dentro do Plan Integral de Emprego, están orientadas á protección dos hábitats representativos da diversidade biolóxica dos entornos da Rede Natura ó mesmo tempo que se contrata a traballadores desempregados para a realización de labores de interese social e medioambiental.

Por medio do P.I.E.G., realízanse actuacións específicas orientadas á conservacióne protección dos hábitats que se atopan dentro desta franxa de especial protección e que consisten en:

  • limpeza e conservación do entorno dos ríos
  • limpeza e conservación de camiños
  • limpeza e conservación de rutas de sendeirismo
  • limpeza e conservación de prazas e parques públicos
  • limpeza e conservación de fontes e lavadoiros
  • limpeza e conservación das pontes
  • limpeza das ribeiras e os seus accesos
  • limpeza de accesos ás praias

Con esta axuda procederase á contratación, por un período de 6 meses, dun licenciado (especializado en medio ambiente) e 3 peóns que se ocuparán de estes cometidos no Concello de Paderne.

Feria de Paderne: