COMEZO DAS OBRAS DO POS 2008
Por un importe de 142.193,16 €, deron comezo as obras aprobadas dentro do Plan de Obras e Servizos (POS-08) da Deputación de A Coruña no que están contempladas as seguintes melloras:
1. Por un total de 55.593,05 €
- Mellora e pavimentación da Costa de Lucas ó límite do Concello
2. Por un total de 50.749,83 €
- Mellora e pavimentación nas parroquias de Adragonte, Obre e Velouzás (Acceso a Asnería, en Adragonte, camiño das Medorras, en Obre, e camiños de Chedas, de Condós e da fonte de Sas en Velouzás)
3. Por un total de 35.850,28 €
- Mellora e pavimentación nas parroquias de Paderne, Souto, Viñas e Vigo (Camiño da Cepeira á Granxa, en Quintas, camiño de Chantada á Igrexa, en Souto, camiño de Montecelo a Ponte do Porco, en Viñas, e camiño de Vigo a Vilamourel)
|