powered by FreeFind

  Ver Todas las Noticias de Prensa
 
EXCURSIÓN DE “PADERNE EN FAMILIA”

Foi a localidade de Mondariz o destino da primeira excursión realizada este novo ano dentro do programa Paderne en Familia. Necesitáronse tres autobuses para levar a tódalas persoas que quixeron visitar a localidade e ir a facer compras á feira que celebran os domingos polas mañás.

Despois de disfrutar dunha agradable comida da que todo o mundo saíu moi satisfeito, foise ata o Concello de Mondariz Balneario a visitar o complexo termal coas súas impresionantes construccións e o Gran Hotel.

Á hora da despedida a xente agradeceu ó Alcalde os esforzos por proporcionarlles estes agradables momentos con grandes aplausos que se repetían en cada un dos autobuses.


Feria de Paderne: