powered by FreeFind

  Ver Todas las Noticias de Prensa
 

NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO EN PADERNE

O pasado día 2 de setembro na Delegación da Consellería de Traballo e Benestar, o Alcalde de Paderne e o Xefe Territorial desta Consellería, asinaron un novo obradoiro de emprego para Paderne: “Obradoiro de Emprego: Revalorización do Rural” por un importe de 562.637,92 €.

Este terceiro Obradoiro de Emprego é un programa público de emprego-formación que ten por finalidade a inserción laboral dos desempregados maiores de vintecinco ou máis anos mediante a súa cualificación, en alternancia coa práctica profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social.

As especialidades son as de horticultura e floricultura que, para un número de 26 alumnos e por un período de un ano, van a centrar a súa formación na recuperación e potenciación das labores do campo galego adaptándoo ás tecnoloxías e demandas actuais ó tempo que se ofrecen novas oportunidades laborais algo esquecidas polas novas xeracións, ademais da rexeneración e coidado das distintas especies de árbores e plantas ornamentais dos distintos parques e prazas repartidos polo Concello.

Os coñecementos adquiridos polos alumnos teñen como fin a posta en valor das terras que xa posúen, ou ben, arrenden ou merquen outras que están en estado de abandono.

Este obradoiro vai a dar traballo a 26 alumnos, 1 director, 2 mestres, 1 profesor de educación xeral básica, 1 profesor de formación empresarial a xornada parcial e 1 administrativo como persoal de apoio.




Feria de Paderne: