PLAN DE RENOVACIÓN E MELLORA DO COMERCIO GALEGO
A Consellería de Innovación e Industria ven de publicar as ordes polas que se regulan as subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais e para a adecuación dos establecementos comerciais e o seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.
Os interesados en recibir maior información sobre algunha destas liñas de axuda así como sobre a súa tramitación, poden dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Paderne; o prazo de solicitudes remata o 31 de marzo.
|