PROGRAMA “XANTAR NA CASA”
O Concello de Paderne traballa na posta en marcha do Programa “Xantar na Casa” do que moitos dos nosos maiores van a poder disfrutar nos vindeiros meses logo da firma do convenio entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos Sociais.
Este é un servicio de comida a domicilio dirixido a persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e carentes de apoio para suplir esta situación, persoas con dependencia que carezan de apoio familiar e requiran de axuda para a preparación de alimentos ou persoas maiores de 60 anos en situación de exclusión social tecnicamente avaliada polos Servicios Sociais do Concello.
Coa súa posta en marcha preténdese facilitar e garantir unha alimentación san e equilibrada aquelas persoas que teñan limitadas as súas capacidades para a compra ou a elaboración de menús así como previr posibles trastornos de saúde derivados dunha mala alimentación ou de falta de hixiene na súa elaboración.
Os menús cos que contará o servizo serán completos e equilibrados, estarán correctamente condimentados e cunha boa presentación. Serán variados e adaptados ás necesidades das persoas ás que van dirixidos, ós seus gustos e hábitos, á gastronomía local a á época do ano.
Incluirán un primeiro prato a base de hidratos de carbono (arroz, legumes, pasta ou patacas) e verdura; un segundo prato composto por carnes ou peixes acompañados de guarnición, pataca ou ensaladas; postre e pan.
Para obter máis información sobre este programa poden dirixirse á Oficina de Servizos Sociais do Concello.
|