DEPORTE EN IDADE ESCOLAR
Un ano máis os rapaces de Paderne en idade escolar, participan nas actividades que organiza a Xunta dentro do Programa Deporte en Idade Escolar.
O obxectivo prioritario é facilitar que os nosos nenos/as practiquen deporte por enriba dos resultados acadados, disfruten da actividade en si, traballen con gusto na escola deportiva, fagan grupo e amigos entre eles disfrutando de actividades saudables.
O Concello de Paderne participa en deportes como Bádminton e Fútbol Sala ofrecendo tamén a posibilidade dunha escola interna de Baloncesto.
No caso do fútbol sala, dicir que ao comezo da liga é de subliñar o grao de participación acadada, tendo o Concello representación en catro das cinco categorías posibles.
As xornadas transcorren os sábados de mañá, destacando o bo ánimo deportivo dos rapaces e rapazas, a súa ilusión e o mellor comportamento na cancha, así como o animoso espírito de equipo e de identidade co seu Concello, sen deixar de felicitar tamén o equipo Benxamín, que gañou os dous partidos xogados ata agora.
|