COLABORACIÓN CO ROTARY CLUB
O presidente do Rotary Club de Betanzos xunto con outros membros da súa xunta directiva, mantiveron unha reunión co Alcalde de Paderne a fin de establecer un marco de colaboración ampliando a xa existente desde fai varios anos entre o Concello e dito club co premio ó esforzo dos estudiantes.
O que se pretende é seguir con esta labor de apoio e fomento da formación e a cultura para a mocidade dando opción ós xoves universitarios a participar en seminarios e conferencias que amplíen a súa formación así como facilitar a realización de prácticas de emprego en oficios tales como soldadura, carpintería ou electricidade.
Unha meta importante do club é a de promover o servicio á comunidade na cal traballan así como a de colaborar co benestar xeral de todo o mundo coa continua labor dos seus rotarios cos cales está a planificar o Alcalde de Paderne novas estratexias que alenten ós rapaces en formación a superarse tanto nos seus estudios como na labor profesional que desenvolvan .
|