PADERNE POLA RECUPERACIÓN DA CULTURA MARÍTIMA
Organizadas polo Concello de Paderne, realizáronse durante o Xoves e Venres Santo unhas xornadas para nenos e xoves de 6 a 15 anos encamiñadas a que disfruten da diversidade biolóxica que alberga a costa de demarcación do Concello.
Desde as 10 da mañá, os asistentes centráronse no coñecemento de toda a zona intermareal coa súa flora e fauna. A mañá do venres recibiron unha clase práctica sobre a pesca sen morte, todo elo coa dirección e colaboración do Club Náutico Punta Xúrela.
O Alcalde, que estivo estes dous días con eles, prometeulles volver a repetir noutra ocasión este tipo de actividade e dar a posibilidade a máis nenos do Concello de participar na mesma.
|