powered by FreeFind

  Ver Todas las Noticias de Prensa
 

MEDIDAS PARA O AFORRO DE ENERXÍA

O presidente da Deputación de A Coruña e o director da Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña (FAEPAC), subscribiron un convenio de colaboración para o financiamento dun estudio de eficiencia enerxética nos concellos de menos de 5000 habitantes.

Para a realización deste estudio foron elixidos 5 concellos da provincia entre os que figura Paderne como un dos concellos piloto beneficiarios deste importante instrumento de avaliación e programación de políticas de mellora da eficiencia enerxética proporcionando unha análise completa das alternativas existentes e permitindo así unha eficaz adopción de medidas.

O orzamento total do mesmo ascende a 62.500 €, dos que a Deputación financiará uns 50.000 € o que supón un importante compromiso, por parte desta institución, cara a promoción e mellora de enerxías renovables nos concellos da provincia.

Como paso imprescindible para a adopción de medidas serias e eficaces para o aforro de enerxía, as vantaxes para Paderne son evidentes e veñen a reafirmar o compromiso que o equipo que preside César Longo ten adquirido nesta lexislatura cara á mellora do medio ambiente co establecemento de medidas de desenvolvemento sostible.

Seguindo esta política de conservación do medio, aforro de enerxía e optimización de recursos, desde os distintos departamentos do Concello de Paderne, estanse a favorecer actuacións dentro deste marco global polo que está a apostar o Equipo de Goberno realizando inversións tales como a mellora do alumeado público; con este instrumento de avaliación, as pautas a seguir e a planificación de medidas irán mellor encamiñadas á consecución do obxectivo previsto que non é outro que a optimización dos recursos de que dispoñemos.

Feria de Paderne: