powered by FreeFind

  Ver Todas las Noticias de Prensa
 

CONCERTO DE NADAL E FIN DE ANO

O concerto de Nadal, celebrado este ano o día 22, e o de Fin de Ano, realizado o 29, están a formar parte da programación cultural que o Concello de Paderne ofrece ós seus habitantes por estas datas.

A unión, no mesmo programa, de música clásica con pezas do repertorio popular e máis actual, están a ser unha boa combinación para que a xente disfrute con estes actos nos que se completa o aforo do Salón de Sesións da Casa do Concello.

O Alcalde César Longo, que acompaña sempre ós asistentes en cada un dos concertos, reiterou os seus mellores desexos para estas datas tan entrañables cunhas cariñosas palabras para os presentes nos dous actos.


Feria de Paderne: