INTERCAMBIA OS TEUS LIBROS
Durante todo o mes de abril, a Biblioteca Municipal do Concello de Paderne está a por en marcha unha iniciativa mediante a cal os veciños poderán traer un libro que xa tiveran lido á Biblioteca e poderano intercambiar por outro.
Deste xeito aumentará o número de exemplares ós que a xente pode acceder na Biblioteca recibindo, os que se sumen a esta iniciativa, un libro novo a cambio que pasará a ser da súa propiedade.
O que se pretende é sacar o maior rendemento posible ós bens que non vamos a usar beneficiando con esto ó maior número de persoas sen custe algún ó tempo que se fomenta a lectura e se lle aporta un maior dinamismo á nosa Biblioteca.
|