POSTA EN VALOR DA CULTURA MARINA NA RÍA DE BETANZOS
Dentro dos Plans Estratéxicos Zonais dos Grupos de Acción Costeira (G.A.C.), Golfo Ártabro Nº 2, ó que pertence o Concello de Paderne, o noso Concello ven de presentar a memoria para a “Posta en valor da cultura marítima en PaderneII ” dentro do cal se van a desenvolver as seguintes accións continuando coas actividades iniciadas o ano anterior:
O obxectivo principal deste programa é tratar de chegar a toda a poboación e consolidalo como un recurso turístico importante para Paderne e os municipios limítrofes fomentando o valor cultural e natural asociado á Ría de Betanzos.
Para cumprir o anterior obxectivo contémplanse varias accións como son:
a.- Continuar coa actividade educativa na “ Aula da Ría de Betanzos” co deseño dun programa educativo que abranga tódolos grupos de idade aunando os esforzos de varios proxectos xa realizados como:
1.-os muíños restaurados por medio dos Obradoiros de Emprego
2.-o observatorio ornitolóxico feito por medio do Proxecto Mandeo
3.-a propia Aula da Ría realizada por medio do programa “Paderne pola recuperación da cultura marítima”
b.- Xestión de visitas da Aula da Ría de Betanzos
c.- Continuar coa recompilación de toponimia e fotografías antigas levada a cabo no programa anterior
d.- Mantemento do blogue da “Aula da Ría de Betanzos” e do perfil en facebook da “Aula Ría de Betanzos” como informados e dinamizador das actividades a levar a cabo na aula.
e.- Contratación dun licenciado, durante oito meses como persoa encargada de levar a cabo este proxecto e responsable da aula.
O importe total do proxecto é de 22.223,20 euros .
|