MELLORAS NO CAMIÑO DA PENADAGIA
Continuando coa labor da alcaldía de mellorar as infraestructuras municipais, presentouse unha solicitude ante a Deputación de A Coruña para o financiamento da obra de “Mellora no camiño de Penadagia” cun presuposto de 37.500 €.
Esta vía supón unha comunicación moi importante desde Paderne á Cruz en Velouzás, e da Cruz á Penadagia por Sas e Chantada, servindo de enlace entre eles e a estrada N-VI coa que os comunica.
Debido á excesiva circulación que soporta, este acceso atópase en malas condicións o que fai preciso unha mellora da pavimentación e a eliminación dos baches que faciliten unha axeitada circulación e proporcionen un mellor servizo ós veciños que diariamente a están a utilizar.
|