1º TORNEO DE FÚTBOL SALA PREBENXAMÍN
O sábado 15 de Marzo disputouse en Curtis o 1º Torneo de Fútbol Sala de Categoría Prebenxamín. O Concello de Paderne participou nel cun equipo na categoría 2000, formada por rapaces nados nos anos 2000, 2001 e 2002, tendo unha magnífica actuación.
O equipo de Paderne disputou os primeiros partidos no polideportivo de Teixeiro enfrontándose ós equipos de Curtis e Aranga. No primeiro partido o resultado foi de 5 a 3 a favor do equipo de Curtis, que ó final resultou ser o campión do torneo. O segundo encontro fronte a Aranga rematou coa victoria do equipo de Paderne por 4 a 1 despois de ter que remontar o gol anotado na primeira metade polo equipo de Aranga.
Xa pola tarde o equipo trasladouse o polideportivo de Curtis, onde se disputaron todas as finais, para disputar o 3º e 4º posto fronte o equipo do Azkar Lugo. O resultado foi de 3 a 1 a favor do equipo Azkar Lugo, no que o conxunto de Paderne tivo unha magnífica actuación e incluso foi gañando 1 a 0 ata os compases finais.
|