powered by FreeFind

  Ver Todas las Noticias de Prensa
 

VISITA DO CONSELLEIRO DE TRABALLO

O venres día 4 de abril o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, achegouse ata Paderne onde foi recibido polo Alcalde César Longo.

Logo de firmar no Libro de Honor e coñecer as dependencias municipais nas que varios traballadores están a realizar a súa labor mediante un programa subvencionado pola Consellería que preside, foi acompañado ata as instalacións nas que se está a desenvolver un Obradoiro de Emprego tamén financiado pola citada Consellería.

No obradoiro de emprego “Paderne” estanse a impartir as modalidades formativas de albanelería e xardinería proporcionando tanto, unha formación laboral específica ós seus integrantes, como a súa incorporación ó mercado laboral e o desenvolvemento de iniciativas que faciliten a renovación, desenvolvemento e mellora do valor patrimonial coa rehabilitación de muíños, fontes e lavadoiros.

A axuda concedida pola Consellería de Traballo para este fin foi de 568.917,36 €. Integrado por un total de 29 alumnos e 7 persoas entre mestres, e persoal de apoio, está a manter ocupadas durante un ano a un total de 36 persoas.

Durante esta xornada do venres estivo tamén acompañado pola Delegada de Traballo, María Debén, que xa visitou Paderne en anteriores ocasións.

Ademais das instalacións nas que se está a desenvolver o obradoiro, o Alcalde quixo mostrarlle os muíños que se están rehabilitando a fin de que comprobase in situ as repercusións que a nivel patrimonial está a supor para o Concello.



Feria de Paderne: