SOLICITUDES Á DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
O Concello, dende o departamento de servizos sociais, ven de solicitar á Deputación de A Coruña, tres subvencións:
1.- Servizos Sociais Especializados: 13.000 €
2.- Envellecemento activo: 6.000 €
3.- Desenvolvemento de políticas de igualdade entre homes e mulleres e loita contra a violencia de xénero: 8.000 €
Co financiamento solicitado preténdense manter os servizos especializados de podoloxía e balneoterapia así como afianzar o servizo de atención a menores nos períodos vacacionais (aulas de conciliación).
A través da Convocatoria da Deputación Provincial de programas de Apoio á Cultura , ó Deporte e á Promoción Económica durante o ano 2012, o Concello de Paderne ven de solicitar as seguintes axudas para actividades e investimentos:
Actividades culturais, equipamentos e animación: 46.000 €
Actividades deportivas, infraestructuras e animación: 41.500 €
Promoción Económica: actividade e infraestructura: 46.700 €
|