AXUDAS Á NATALIDADE
---------------ÚLTIMA HORA-----------------------------------------------------
Ampliación ata o 31 de xaneiro de 2011 do prazo para a solicitude de “axudas á natalidade” coas mesmas bases reguladoras e pola mesma contía
------------------------------------------------------------------------------------
O Equipo de Goberno do Concello de Paderne aprobou o pasado mes de marzo as bases específicas reguladoras da subvención denominada “Axuda á Natalidade” que, por unha contía de 300 €, ten por obxecto contribuír ós gastos que para a unidade familiar supón o nacemento dun novo membro.
Nete período, cinco familias de Paderne que cumpriron os requisitos establecidos nas bases aprobadas, foron beneficiadas coa citada subvención que continúa en vigor ata o 31 de xaneiro de 2011.
BASES ESPECIFICAS REGULADORAS DA SUBVENCIÓN DENOMINADA “AXUDA Á NATALIDADE”
Ó abeiro das Bases Xerais Reguladoras do Réxime de Concesión de Subvencións do Concello de Paderne, que figuran como anexo ó orzamento do ano 2006, aprobado polo Pleno Municipal con data de 27 de outubro de 2005, se elaboran as presentes bases reguladoras da subvención denominada “AXUDA Á NATALIDE”
1º.-Obxecto da subvención.
A presente subvención ten por obxecto contribuír ós gastos que na unidade familiar supón o nacemento dun novo membro da mesma, contribuíndo desta maneira, e dentro das posibilidades económicas do Concello, ó incremento da poboación do mesmo, seguindo desta forma a liña de axudas familiares iniciadas polo Goberno.
2º.- Requisitos para solicitar a subvención e forma de acreditación.
Terán a condición de beneficiarios da subvención as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1º.- Ter un fillo/a durante o ano 2010.
2º.- Estar empadroado no Concello, cunha antigüidade mínima dun ano á data da finalización do prazo de presentación da solicitude de subvención.
3º.- Inscribir o fillo/a no Rexistro Civil do Concello de Paderne.
As solicitudes de subvención deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
1º.- Fotocopia do D.N.I. do solicitante.
2º.- Certificado de empadroamento.
3º.- Declaración das axudas solicitadas, ou que se teña previsto solicitar para a mesma finalidade. Ase mesmo o solicitante queda obrigado a notificar ó Concello calquera subvención que obteña para a mesma finalidade, quedando sometido ás responsabilidades e réxime sancionador establecido no artigo 82 da Lei Xeral Orzamentaria.
4º.- Certificado de nacemento ou copia do libro de familia.
3º.- Prazo para solicitar a subvención.
A subvención poderá solicitarse durante todo ó ano 2010, e durante o mes de xaneiro do ano 2007, rematando, por conseguinte o prazo para solicitar a subvención o día 31 de xaneiro de 2011.
Unha vez presentada a solicitude de subvención, a cal deberá ir acompañada de toda a documentación sinalada no apartado 2º, o órgano competente deberá resolver no prazo máximo dun mes, a contar dende o día seguinte ó presentación da solicitude.
O transcurso do prazo máximo para resolver e notificar a resolución, sinalado no paragrafo precedente, lexitima ó solicitante para entender desestimada por silenzo administrativo a solicitude de subvención.
4º.- Contía da subvención
A contía da presente subvención ascende a 300 euros por fillo nacido no ano 2006, e será única para cada unidade familiar.
5º.-Órganos competentes para a ordenación, instrucción e resolución da subvención.
O órgano competente para a ordenación, instrucción e resolución do outorgamento da subvención é o Alcalde - Presidente. A resolución da Alcaldía outorgando ou denegando a subvención porá fin á vía administrativa, e contra a mesma poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que dictou o acto, ou recurso contencioso - administrativo, perante o Xulgado do contencioso - administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, a contar dende o día seguinte á recepción da correspondente notificación ou no prazo de 6 meses a contar dende o día seguinte a desestimación por silencio. Se optara por interpoñer o recurso de reposición potestativo non poderá interpoñer recurso contencioso - administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente o se producise a súa desestimación por silencio.
Todo elo sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.
6º.- Medio de publicidade das presentes Bases.
As presentes Bases publicaranse no BOP e no Taboleiro Municipal.