Muíños do Batán       Muiños de Chantada    
  De Teixeiro Do Meizoso Da Lama da Ribeira  
  MUÍÑOS::Muíños Da Misericordia<<volver 1 2      
 

 
 

Subindo polo río Lambre, moi pouco máis arriba da ponte antiga, están entre unha bonita paisaxe de ríos e arboredas as ruínas duns grandes muíños, que os naturais chaman “da Misericordia”, os documentos nomean muíños “do Rei” e outros din “de Bermúdez” porque foron os seus donos o Señor de Montecelo e de San Pantaleón das Viñas, D. José María Bermúdez de Castro.

Naceu en Viveiro en 1799 e foi nomeado gardamarina ós 11 anos. Será, por casamento, dono do Pazo de Mariñán. As súas propiedades estaban diseminadas entre Viveiro, Pontes de García Rodríguez, Pontevedra , Santiago, Cádiz e Segovia, aínda que o que importa aquí e o seu patrimonio en Montecelo (Viñas).

D. José María Bermúdez de Castro era un home emprendedor que tratou de mellora-los cultivos da terra imprantando novas técnicas agrícolas e novos métodos de cultivo.

Estes muíños son varia edificacións, ó parecer, de tres épocas distintas do século XVIII; di a tradición do lugar que se moía trigo para as fariñas do Arsenal de Ferrol e así debía de ser xa que 16 moas de muíño de unha rápida productividade para ese século, cunhas 60 revolucións por minuto, parecen indicar unha demanda moi grande.

As fariñas chegaban ata alí nunha dorna; nas costumes da molinería antiga incluíase o prezo da maquía no transporte do grao ata o muíño e a colocación da fariña na casa do cliente. Nos muíños comúns era costume levar un cuartillo de grao por ferrado, sendo isto o que se cobraba nos muíños de Bermúdez para o trigo, centeo ou mestura.

Os muíños estaban ben situados preto do camiño que unía Ferrol e Betanzos, pola Ponte do Porco. O grupo de Muíños do Rei presentábase como un longo rectángulo aliñado tras a beira do río, entre grandes árbores, mostrando os 16 ollos dos arcos da saída dos seus canles. A porta pequena no centro leva unha inscrición tan borrada que só se...

 
 
1 2  
 
Feria de Paderne: