powered by FreeFind

  Ver Todas las Noticias de Prensa
 

DIVERTIXOGOS NO CENTRO DE MAIORES DE PADERNE

O Centro de Maiores de Paderne ven de sacar unha nova oferta de verán para os seus socios; unha oferta coa que poden divertirse facendo xogos, relaxarse, mover o corpo con exercicios adaptados ás súas necesidades e forma física e pasalo ben coa demais xente do Concello.

Estas actividades son gratuítas para os maiores de Paderne que figuran como socios do Centro nun esforzo máis por proporcionar oportunidades saudables que axuden a manter a forma física e a saúde dos nosos maiores.

Vanse a desenvolver os martes e xoves polas tardes nas dependencias do Centro de Maiores a partires do día 1 de xuño. Os que desexen participar poden realizar a súa inscrición nas oficinas municipais en horario de mañá ata o día 28 de maio.

Espérase que esta iniciativa sega a ter a mesma repercusión que as que ata o de agora se estiveron desenvolvendo e consiga o obxectivo coa que foi creada que é do de manter o benestar dos maiores do Concello.


II ANIVERSARIO DO CENTRO MUNICIPAL DE MAIORES

Con motivo do segundo aniversario da apertura do Centro de Maiores de Paderne, o vindeiro día 10 de marzo vaise a levar a cabo unha xornada de convivencia entre os socios.

A xornada iniciarase ás 10:00 horas coa recollida das persoas polas parroquias.

Comezaremos visitando o Centro de A Coruña e tamén o Monte de San Pedro, para ir a comer logo a Arteixo e pasar unha divertida tarde entre música, baile e o sorteo de regalos.

A este aniversario poden acudir os socios do Centro de Maiores, os interesados deben dirixirse ós socios colaboradores de cada parroquia, ó propio Centro de Maiores ou ós teléfonos do Concello antes do día 5 de marzo.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS NO CENTRO DE MAIORES DE PADERNE PARA OS VINDEIROS MESES

O Centro de Maiores de Paderne será o escenario de diversas actividades socioculturais que, de luns a venres, van a ofrecer unha alternativa de ocio saudable ás persoas que acoden ó mesmo.

A ampla programación de actividades está enfocada a favorecer a autonomía das persoas maiores e, polo tanto, a mellorar a súa calidade de vida adaptándose ás súas preferencias, intereses e posibilidades.

As actividades son as seguintes:

1.-Proxección de películas; vaise a realizar dúas veces ó mes.

2.-Bingo; outras dúas veces ó mes con reparto de diversos premios para os gañadores.

3.-Actividades variadas; tódolos martes, como por exemplo os campionatos de brisca, parchís ou dominó.

Os que desexen participar poden anotarse no propio Centro de Maiores ou ben chamando ós teléfonos do Concello

-----------------------------------------------------------------------------------

I CONCURSO DE PLANTAS NO CENTRO DE MAIORES DE PADERNE

O Concello de Paderne convoca o I Concurso de Plantas no Centro de Maiores para este ano 2010.

Neste concurso, destinado a tódolos socios de forma individual ou por equipos, cada participante deberá traer a súa planta e coidala ata a chegada da primavera. Os tres concursantes que teñan a planta máis coidada serán os que acaden os premios que se decidirán mediante a elección dun xurado.

Esta é unha iniciativa máis para facer deste lugar un espacio máis dinámico, participativo e agradable para todos.

------------------------------------------------------------------------------------
CONSULTAS

PODOLOXÍA FISIOTERAPIA
Martes 9:00 - 14:00 e de 16 - 21:00 Luns, Mércores, Venres 9:00 - 14:00
Xoves 9:00 - 14:00  

ACTIVIDADES DIARIAS
LUNES MARTES MIÉRCOLES JUEVES
Memoria
17:30 - 19:00

 

Campionato de tute
16:00 – 17:30
UNED SENIOR
17:00 – 19:00

 

 

Novas Tecnoloxías e Móbil
17:00 – 18:00

Relaxación, Autoestima e Risoterapia
18:00 – 19:00

Taller de prensa
18:00 – 19:00


ACTIVIDADES MENSUALES

XOVES

VIERNES

Balneario de Guitiriz (1º xoves de mes) 9:00 - 13:30

Proxeccións de Filmes
(1º e 3º venres de mes) 16:00 - 18:00

Bingo (2º venres de mes)

SERVIZOS

Podoloxía
Fisioterapia
Zona de rehabilitación interior
Circuíto saudable no exterior
Zuna lúdica
Zona de lectura e xogos
Zona de estar e convivencia

¿QUEN PODE DISFRUTAR DO CENTRO?

Tódalas persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 60, os maiores de 55 en situación de prexubilación así como os cónxuxes e/ou parellas.
Tódalas persoas que cumpran os requisitos e o desexen, poderán facerse socios do centro. Para elo serán atendidos nas propias dependencias, na oficina de administración e dirección debendo de cubrir un impreso no que se sinalarán os datos persoais adxuntando ademais dúas fotografías tamaño carné e o seu D.N.I.

HORARIO

De 8:30 a 21 h
De luns a venres de maneira ininterrompida

ACTIVIDADES (DIRIXIDAS A SOCIOS/AS)

Campionato de tute por parellas
Campionato de parchís
Creación dun coro
Curso de acceso ás novas tecnoloxías (internet, teléfono móbil,...)

Feria de Paderne: