Actualidade
"Lagar de Esperela na actualidade, inaugurado o 28 de setembro de 2008"
----------------
Na parroquia de San Xulián de Vigo, no lugar de Esperela, atópase un lagar do século XX.
Estamos ante un tipo de construcción moi pouco frecuente, e máis nestas comarcas. Pegado a unha casa e situado no centro da aldea, consérvase este lagar, de forma case elíptica, cos muros de cachotería, nos que só se abre a porta de acceso a un fachinelo. No centro, o lugar ocupado pola pipa. A cuberta é a unha auga.
Vemos que esta construcción non é senón un alpendre, ó que se poden dar diferentes finalidades. Inda que non moi abundante, non é tampouco raro atopar este tipo de planimetrías, tan ligadas ó mundo castrexo.
|