Igrexa de San Salvador de Velouzás   Igrexa de San Xoan de Vilamourel            
  Igrexa de San Xoán de Paderne   Igrexa de Santa María de Souto   Igrexa de San Pantaleón das Viñas        
Igrexa de San Andrés de Obre   Igrexa de Santo Estevo de Quintas  
IGREXAS::Igrexa de Santiago de Adragonte<<volver  

 

Está situada no lugar de Areas, pertencente a parroquia de Santiago de Adragonte. É unha igrexa de estilo barroco do século XIX. A súa estructura arquitectónica é de planta rectangular cunha soa nave e un pequeno corpo engadido que fai a función de sancristía. Os muros son de carga e sobre eles asenta unha cuberta a dúas augas na nave central, catro no presbiterio e tres no corpo correspondente á sancristía, todas elas con cubrición de tella nova.

 

A decoración exterior do edificio concéntranse na fachada principal. No eixe vertical central desta superpóñense unha porta con decoración de orelleiras e unha ventá rectangular, pechando o conxunto unha espadana de tres corpos. As dimensións desta última son superiores ás que posúe o conxunto do edificio. O primeiro corpo da espadana está formado por tres machóns que dan lugar ós dous ocos onde se sitúan as campás, mentres que o segundo e mailo terceiro corpo carecen de funcionalidade e a súa presencia é fundamentalmente ornamental.