| PREVENCIÓN DE INCENDIOS NO CONCELLO DE PADERNE MEDIOS HUMANOS E MATERIAIS COS QUE CONTAMOS
Actúan durante todo o ano e de xeito permanente:
1.-Motobomba forestal
2.-Dous tractores-desbrozadoras
3.-Protección Civil (Agrupación de Voluntarios)
Durante a época de máximo perigo (xullo, agosto e setembro):
4.-Cuadrilla de incendios (8 persoas)
Situación de emerxencia (Agosto/2006):
4.-Patrullas nocturnas de voluntarios organizadas desde o Concello coa diversos colectivos existentes.
5.-Tractores-cisternas de apoio por parte dos agricultores e gandeiros.
Durante tres meses, desde o mes de xullo o Concello conta cunha cuadrilla de incendios formada por oito persoas que prestan o seu servizo nas emerxencias provocadas polo lume tanto no noso termo municipal como en concello nos que se producen estes sinistros.
O seu traballo céntrase tanto nas labores de extinción como de prevención e desbroce de camiños nos que a maleza supón riscos, limpeza de fontes e depósitos de auga co fin de facilitar o acceso da motobomba ós mesmos nos casos de emerxencia.
Ademais este ano contamos cun Plan para desbroce de pistas coa colaboración da Xunta de Galicia, que complementa o que fai o Concello ó longo do ano co desbroce dos camiños asfaltados.
Para poder coidar este Concello e ante a situación de emerxencia creada pola cantidade de incendios que devastaron a Comunidade creáronse unhas patrullas de voluntarios para realizar vixiancias nocturnas que xurdiron despois de que se convocaron a tódolos colectivos de Paderne: Asociacións de Veciños, culturais, deportivas, de caza e pesca, protección civil, así como os agricultores e gandeiros os que, preocupados con esta situación e con todas as súas ansias de evitar estes desastres colaboraron cos medios humanos e materiais para realizar as tarefas de vixiancia poñendo a disposición os seus tractores-cisterna para apoio dos medios citados.
|