Feira de Paderne Cabalgata de Reis Festa dos Maiores Festas Patronais    
FESTAS::Día das Letras Galegas
 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A festividade das Letras Galegas, celebrada o pasado 17 de maio, representa un día grande para a nosa comunidade á que cada ano se suma o Concello de Paderne con un acto cultural na praza do Campo da Escola en Insua.

Con palabras de lembranza a Lois Pereiro, César Longo, fixo especial mención á cultura galega e a creación desta data tan significativa recordando, ós alí presentes, o sentido que quixo darse á cultura de Galicia coa súa conmemoración.

Os veciños responderon masivamente á invitación que lles fixo o Alcalde para acudir a este acto no que tamén realizou a presentación do libro “Paderne, unha mirada ó pasado” escrito cos recordos das persoas do Concello que ocupaban un lugar destacado na praza. Foron moitos os exemplares que se repartiron sendo un orgullo para todos poder figurar cos seus recordos nesas páxinas e contribuír así á herdanza cultural de Paderne.

Completouse a xornada coa actuación da Escola de Gaitas San Pantaleón e as cancións da coral Alcoa-Inespal. Ó finalizar, os veciños e o Equipo de Goberno celebraron este día con un viño e uns pinchos.

 

 

 

 
 
Feria de Paderne: