|
CARTEL DIA DA FAMILIA
DÍA DA FAMILIA
O Día da Familia veuse a celebrar en Paderne cunha ampla representación das familias de tódalas parroquias do Concello xuntando en O Telleiro a un milleiro de persoas que pasaron unha agradable xornada cos seus amigos e veciños.
As familias empezaron a chegar coa súa comida ás 13:00 h enchendo as mesas que o Concello dispuxo para a celebración. Todos puideron participar da degustación de caza e viño previa á comida, momento que aproveitou o Alcalde para dirixir unhas palabras ós presentes.
Ás 16:30 comezaron as actividades para grandes e pequenos con opcións para tódolos gustos e idades; partidas de cartas, parchís e dominó polas mesas e, no exterior, desde xogos tradicionais como a ra, a petanca, bolos ou a chave ata xogos como o pañuelo, a pita cega ou partidos, ademais de inchables, o toro mecánico e a festa da espuma.
A música, tanto a tradicional como a de baile, foi outro dos atractivos que axudou a pasar unha entrañable xornada ata ben entrada a noite, que foi cando se degustou a tradicional queimada e se botaron os fogos artificiais, completando así outro gran éxito en Paderne.

|