GRANDES FESTAS NA PARROQUIA DE SOUTO Á VIRXE DOS DESAMPARADOS
Un ano máis na parroquia de Souto do Concello de Paderne, organízanse as festas en honor á Virxe dos Desamparados.
Así, os días 26 e 27 de maio, os veciños e todos aqueles que desexen achegarse a disfrutar delas, teñen a oportunidade de pasar uns agradables momentos coa música dunhas grandes orquestas, escoitar a xa tradicional alborada e asistir á Misa cantada.
Este programa de festexos comezará o sábado día 26 a primeiras horas da mañá coas dianas e alboradas a cargo da Escola de Gaitas San Pantaleón, despois da misa poden disfrutar dunha sesión vermú e á noite a gran orquesta Os Satélites amenizará o baile deste día; ó día seguinte a orquesta Trébol tocará para tódolos asistentes desde primeiras horas da noite.
|