Os sectores máis representativos do tecido empresarial e económico así como os diversos colectivos representados polos talleres que realizan as asociacións de Paderne, teñen un lugar neste acontecemento que ven a demostrar ós visitantes unha parte fundamental do que dentro do Concello se está a realizar.
Comezou a súa andadura no ano 2000 no recinto do campo de O Telleiro, preto da Casa Consistorial.
Durante os dous días que dura pódense visita-los stands que, baixo carpas separadas por sectores comerciais, mostran as novidades e traballos que os diversos expositores exhiben.
Os sectores participantes están agrupados en torno a actividades comerciais; así temos zonas adicadas a comerciais, gando, horta, flor, maquinaria e exposicións diversas.
Cada ano as solicitudes por participar neste evento son superiores á capacidade de que dispón o recinto para acomodar tanta demanda comprobando así a gran expectación que a Feira xenera tanto nos empresarios da comarca como de fóra.
En cada edición o visitante pódese atopar con novos comerciais e empresas que consideran esta Feira como un referente para toda a comarca e que buscan un sitio nela a fin de promove-los productos que representan.
Non podemos esquecer que nun acontecemento destas características o visitante a de poder disfrutar todo o día, non só visitando os diversos stands senón tamén coas actividades que complementan un programa amplo e variado para que tanto nenos como maiores pasen dúas xornadas en Paderne amenas e entretidas para todos.
Así, ademais do xa tradicional concurso de cans que, como ven sendo habitual celébrase o primeiro día pola tarde, os amantes do mundo animal poden disfrutar dunha exhibición ecuestre o domingo.
Os máis pequenos teñen tamén a diversión asegurada con diversas atraccións das que poden disfrutar libremente.
Pódense degusta-lo productos de Paderne; empanadas, doce, queixo, viño, queimada e terneira, productos todos eles representativos do Concello.
As composicións florais que os floricultores de Paderne realizan, poñen sempre a nota de cor dentro do recinto.
Demostraccións, talleres e diversas actuacións, ademais dos propios expositores e unha coidada organización son algúns dos atractivos que fan que esta Feira se consolide ano tras ano como un dos acontecementos da Comarca. |