Feira de Paderne Cabalgata de Reis Festa dos Maiores Festas Patronais    
FESTAS::DA ÁRBORE
 

 

DÍA DA ÁRBORE 2010

Nesta edición tocoulle á parroquia de Obre ser a protagonista do “Día da Árbore” que o Concello de Paderne realizou o pasado domingo 14 de marzo.

Oito maiores da parroquia e oito nenos plantaron, xunto co Alcalde, as árbores que van a adornar nun futuro o campo da festa. O día amenceu soleado contribuíndo a xuntar a tódolos veciños e invitados en torno a este emotivo acto co que o Concello de Paderne quere render unha homenaxe á natureza facendo partícipes ós seus habitantes do que implica o seu coidado e protección.

A Escola de Gaitas San Pantaleón e a Coral Albeiro de Velouzás, ambas do Concello de Paderne, formaron parte da programación acompañando cos seus sons ós participantes nesta festividade. Ó remate o Alcalde sacou unha foto de familia coas persoas que o acompañaron no acto de plantación do que quedou constancia nunha placa que figura na praza de recordo para toda a parroquia.

 
 
Feria de Paderne: