Feira de Paderne Cabalgata de Reis Festa dos Maiores Festas Patronais    
FESTAS::Día do Medio Ambiente
 

 

DÍA DO MEDIO AMBIENTE 2010

O Concello de Paderne celebra, un ano máis, o “Día do Medio Ambiente” o vindeiro 5 de xuño coa colaboración dos diversos colectivos que representan a toda a poboación de Paderne.

O Alcalde, xunto co seu equipo de goberno, asociacións de veciños, representantes dos agricultores e gandeiros, sociedade de pescadores, coto de caza, protección civil e a empresa que realiza as tarefas de recollida de lixo por todo o Concello, dedican esta xornada a realizar labores de limpeza por todo o termo municipal co obxecto de facer do noso entorno un lugar respetuoso co medio ambiente.

Ás 10:00 horas, o campo de O Telleiro convérsese no punto de partida para a limpeza de tódalas zonas do Concello. Para realizar estas labores, os representantes dos diversos colectivos acoden con tractores e remolques a limpar os vertedoiros incontrolados que poidan detectarse concienciando á poboación do respeto que nos debe o entorno no que vivimos.

----------------------------------------------------------------------------------------------

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O pasado sábado 9 de xuño o Concello de Paderne celebrou o Día do Medio Ambiente.

Como xa se fixo en anteriores edicións, os diversos colectivos de Paderne como gandeiros, agricultores, asociacións, coto de caza, sociedade de pescadores, protección civil xunto co Equipo de Goberno Municipal, dedicaron esta xornada á limpeza e coidado do medio ambiente coa recollida e sinalización, desde primeiras horas da mañá, de vertedoiros incontrolados de residuos que contaminan e afean o noso entorno.

Coa celebración deste día tan significativo, o Alcalde quere concienciar ós habitantes do municipio sobre a importancia que supón para todos a conservación do espazo que nos rodea e do que a todos nos gusta disfrutar nas mellores condicións posibles.

Moitas das persoas participantes colaboraron cos seus vehículos na recollida do lixo achegando todos estes vertidos ó Telleiro onde estivo a empresa Vázquez y Garzón para os trasladalos ós lugares axeitados.

En tan importante día contouse coa presenza do Delegado Provincial de Medio Ambiente, Manuel Tajes, que veu a apoiar a labor que César Longo está a realizar pola mellora e conservación do entorno.

 
 
Feria de Paderne: