powered by FreeFind

  Ver Todas las Noticias de Prensa
 
EXCURSIÓN A PORTUGAL

Paderne en Familia, o programa de excursións que o Concello de Paderne leva realizando varios anos para persoas de tódalas idades, desprazouse este pasado día 22 de outubro a Portugal.

A feira de Vilanova de Cerveira segue conservando o atractivo de realizar compras para moitas persoas; así, durante a mañá puideron mercar nos numerosos postos que se concentran nesta localidade.

Tamén o Mirador do Cervo foi outro dos puntos de interese; un lugar de especial atractivo desde o que se pode contemplar a confluencia dos dous países coa “Illa dos amores”, un capricho da natureza con forma de corazón cravada polo río Miño no medio da súa desembocadura.

Á tarde, Valença do Miño, esta antiga fortificación rematada no século XVIII, foi o último punto a visitar antes de regresar a Paderne nun día no que o tempo permitiu que todos puidesen disfrutar dos paseos polo país veciño.

Feria de Paderne: