powered by FreeFind

  Ver Todas las Noticias de Prensa
 
EXCURSIÓN A VERÍN

O vindeiro 19 de febreiro o programa “Paderne en Familia” realizará unha nova excursión a terras ourensáns. O destino será a localidade de Verín, onde nestas datas adquiriron moita relevancia as celebracións do Entroido ata o punto de ser declarada como festa de interese turístico nacional.

Será este domingo, día grande de Entroido, cando haberá o desfile de comparsas, carrozas e os famosos cigarróns polas principais rúas da vila.

Para desprazarnos a esta localidade debemos comezar o percorrido ás 7 da mañá polas distintas parroquias. Poden asistir persoas de tódalas idades empadroadas no Concello de Paderne con un importe por persoa de 25 €.

Os interesados teñen ata o día 15 de febreiro para realizar a súa inscrición chamando por teléfono ou anotándose nas propias oficinas municipais.




Feria de Paderne: