ENERXÍAS RENOVABLES::Parque Eólico
Previa presentación do conseguinte proxecto de solicitude para a construcción dun parque eólico municipal, o Concello de Paderne foi incluído dentro das 102 novas autorizacións que a Xunta de Galicia concedeu para que desen comezo os trámites que permitan realiza-los citados proxectos.
Esta iniciativa, impulsora do uso das enerxías renovables, parte dun ambicioso plan do actual Goberno Municipal de coidado e respeto do medio ambiente como un dos pilares fundamentais para un axeitado desarrollo.
A enerxía obtida, ademais de repercutir na mellora do subministro eléctrico local, suporá unha nova fonte de ingresos e un impulso económico para Paderne dando así un paso máis para facer deste territorio un exemplo na comarca.
|