| DECRETO DE INCENDIOS
Decreto 105/2006 do 22 de xuño (DOG 125 de 30 de xuño de 2006) polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais:
USO DO LUME FÓRA DA ÉPOCA DE ALTO RISCO DE INCENDIOS:
Comunicacións e autorizacións de queima:
Cómpre a COMUNICACIÓN para realizar queimas de restos agrícolas amoreados en terreos agrícolas situados a menos de 400 metros do monte. (Presentaráse con día de antelación)
Precísase AUTORIZACIÓN para queimas de restos forestais amoreados ou non, en terreos agrícolas ou forestais, para queimas controladas en matogueiras, pastizais, cercados ou similares. (A solicitude presentarase cunha antelación mínima de sete días)
PROHÍBENSE AS QUEIMAS DE RESIDUOS AGRÍCOLAS OU FORESTAIS NA ÉPOCA DE ALTO RISCO DE INCENDIOS FORESTAIS (PARA ESTE ANO 2006 DO 15 DE XUÑO Ó 15 DE OUTUBRO)
ZONAS DE ALTO RISCO DE INCENDIOS:
1.-Prohíbese a utilización do lume para eliminar restos de aproveitamentos forestais e de tratamentos silvícolas agás que conten con autorización da Administración.
2.-A utilización do territorio incluído nestas zonas para competicións de vehículos, deberá ser autorizada.
PROHIBICIÓNS DE CARÁCTER XERAL:
Botar mistos ou cigarros en terreos con risco de incendio forestal
Botar lixo, residuos industriais ou de calquera clase que supoña perigo de incendio forestal.
Lanzar, en terreos forestais e en áreas rurais, foguetes, globos ou calquera outro artefacto que poida conter lume, agás en festas locais previa autorización.
Facer fogueiras fóra das zonas habilitadas para tal fin.
A utilización de maquinaria non forestal nin agrícola con ferramentas que poidan producir chispas ou soldaduras.
A utilización do lume na práctica apícola no caso de que haxa presenza de vento e ou temperaturas altas nas horas centrais do día.
PROTECCIÓN NO ESPAZO RURAL E DOS ASENTAMENTOS DE POBOACIÓN EN PARTICULAR
Son faixas de especial protección:
A totalidade das parcelas que se atopen fóra do monte, a menos de 25 metros do seu perímetro.
A totalidade dos terreos forestais, rasos ou arbolados, que se sitúen, dentro do monte, a menos de 10 metros do seu perímetro.
Unha franxa de 25 metros ó redor de calquera edificación, urbanización, obras, instalacións industriais, eléctricas ou infraestructuras de transporte situadas a menos de 400 metros do monte.
OBRIGAS DOS PROPIETARIOS
Os propietarios dos terreos situados nestas faixas de especial protección están obrigados a manter as súas parcelas, así coma os camiños de titularidade privada e as gabias, limpas de maleza e restos coa masa arbórea rareada.
O INCUMPRIMENTO DESTAS OBRIGAS TRAERÁ CONSIGO O CORRESPONDENTE PROCEDEMENTO SANCIONADOR E ADEMAIS REPERCUTIRÁN OS CUSTOS DOS TRABALLOS QUE, CON CARÁCTER SUBSIDIARIO, EFECTÚE A ADMINISTRACIÓN.
REGULACIÓN DAS REPOBOACIÓNS FORESTAIS
DISTANCIAS MÍNIMAS DE PLANTACIÓNS:
| Especie |
Distancias |
Crecemento rápido
(eucalipto y chopo) |
50 m. a vivendas ou
instalacións
|
 |
| Resto de especies |
25 m. a vivendas ou
Instalacións
50 m. a industrias e
instalacións perigosas |
 |
| Todas |
10 m. a terreos rústicos
de protección agropecuaria |
PROHÍBENSE AS REPOBOACIÓNS:
En solo urbano e núcleos rurais.
En zonas adicadas a labradío, cultivo, prados ou pastos.
Prohíbese a realización de repoboacións forestais con acacias e mimosas.
(Están exentos desta regulación as plantacións de xardíns e árbores illadas).
MANTEMENTO DAS REPOBOACIÓNS FORESTAIS
Os propietarios están obrigados a manter en todo momento as franxas de terreo resultantes da salvagarda das distancias mínimas limpas de maleza, restos e xermolos de árbores.
As repoboacións forestais deberán manterse en todo momento limpas, en condicións e características axeitadas a prevención é a mellor defensa contra os incendios forestais,
SANCIÓNS POLO INCUMPRIMENTO DO DISPOSTO NO DECRETO 105/2006:
* Infraccións leves:
- Con multa de 100 a1.000 €
* Infraccións graves:
- Con multa de 1.001 a 100.000 €
* Infraccións moi graves:
- Con multa de 100.001 a 1.000.000 €
SE VES ALGÚN LUME CHAMA:
981 546107
981 164535
Emerxencias: 085
Ó teu Concello: 981 776302, 981 797001
|