Alcaldes de Paderne
Galería Fotográfica  
   
::DATOS DE INTERESE 1 2 3    

 

Como mostra do profundo aprecio que Don Nuno sentía polo rapaz e a fin de compensar o malestar que o seu desterro lle causaba, regaloulle unha valiosa daga na súa despedida.

Un día houbo unha batida de caza para perseguir un enorme porco bravo que estaba a facer estragos nas colleitas dos campesiños; Don Enrique, gran afeccionado á caza convenceu á súa muller para que lle acompañara. Cando estaban situados ambos na ponte apareceu o porco.

O señor de Osorio feriu ó enorme animal, pero non dabondo, pois o porco bravo revolveuse contra del e a súa xove dona; Don Enrique o ve-lo animal correndo cara a si saltou pola ponte ó río e berroulle á súa muller para que fixera o mesmo, pero Dona Teresa quedou cravada na ponte morta de medo e o porco bateu contra dela matándoa.

Poucos días despois apareceu morto na mesma ponte o porco bravo; tiña cravada na gorxa unha daga que Don Nuno recoñeceu; era a daga que el mesmo lle regalara a Roxin Roxal facía moito tempo. O señor de Andrade comprendeu que a súa filla tería mellor valedor neste valente xove ó que non lle permitiu casar con Dona Teresa. A partir dese momento a ponte foi coñecida como a Ponte do Porco.

Esta ponte tamén foi, e aínda é, paso obrigado para os peregrinos que facían o Camiño de Santiago no seu tramo Inglés do que lle corresponden a Paderne 5 ½ km e sobre o que contamos con referencias históricas desde o século XII avalando a ruta á tumba de Santiago consolidada gracias á hospitalidade que ofrecían as casas auspiciadas por diversas ordes relixiosas, ó apoio dalgúns nobres e ós hospitais do Sancti Spiritus, como o antigo Hospital de Guende fundado en torno ó 1445 na parroquia de Souto, lugar de Chantada, e que servía de protección e refuxio ós que por alí pasaban.

Frei Martín Sarmiento na súa viaxe do ano 1745 deixa constancia do paso polo hospital non quedando daquela máis que restos xa que o seu final acaeceu no ano 1720 redactándose un decreto polo cal remataba coas funcións que ata daquela viña desempeñando xa que os herdeiros de Juan de Guende, posuidor destes bens, non cumprían coas obrigas que lles correspondían.

 
1 2 3