Cruceiro de OPazo                
  Cruceiro de San Mamede ou da Hermida   Cruceiro de Santa María de Souto   Cruceiro de Paderne        
Cruceiro de Santiago de Adragonte Cruceiro de A Esfarrapa    
CRUCEIROS::CRUCEIRO DE A PICOTA <<volver  

 

Situado na praza do lugar de A Picota na parroquia de San Xulián de Vigo.

A plataforma está composta por tres gradas cuadrangulares, a alta de bordes bocelados. O pedestal de orden toscazo, caras enmarcadas, garganta ou rañura cóncava no seu perímetro.

A columna iniciada cun amplo cadrado, pasa logo a ochavada por biselado de aristas e remata de novo cuadrangular.


 

O capitel iniciado da forma da columna, remate alto de esquema xónico con decoración de querubíns alados e volutas.

A cruz ten paos octogonais por rebaixe de arestas con extremos florenzados.

No anverso ten un Cristo crucificado baixo pergamiño de INRI, talla ampla de formas sinxelas, cabeza levantada, ampla melena, mans abertas, pernas flexionadas, pano anudado á dereita. No reverso, virxe con mans xuntas na oración, labra de pouco detalle, vestida con manto, túnica e unha especie de mandil.

Obra moi completa, datada no S.XVIII e en perfecto estado de conservación. Emprazamento chamativo, destacado e seguro.

 
 
Feria de Paderne: