Está situado no lugar de O Cruceiro, na parroquia de San Xoan de Paderne.
A súa plataforma é moi alta.Ten catro gradas, as dúas superiores de granito e as inferiores de mampostería salvando o desnivel do terreo.
O seu pedestal ten dous corpos: o baixo ten forma cúbica e o alto moldurado e redondeado.
A columna comeza e remata en forma cuadrangular e no medio da sección está ochavada por rebaixe de aristas.
O capitel ten forma tronco-prismática invertida decorado con molduras rectas escalonadas.
A cruz é de pequeno tamaño de forma grega, caras lisas, paos completamente octogonais e espido de imaxes.
|