Capela de Esperela (Vigo) Capela de San Mamede (Vigo)      
::CAPELAS::Capela de Donín (Vigo)<<volver  

 

Situada no lugar de Donín; está en bo estado pero non está en uso; leva pechada uns 20 anos e anteriormente só se abría unha vez ó ano polo “Consuelo”; santa á que está dedicada a capela.


 

É un sinxelo exemplar do románico rural galego; de propiedade privada, a parcela na que se atopa está pechada cun muro de pedra todo arredor.

A cuberta é de dúas augas de lousa; no cumio ten unha espadana dun oco cunha soa campá. O interior é de terra con táboas e ten un altar pequeno dedicado a Santa Consuelo.