Feira de Paderne Cabalgata de Reis Festa dos Maiores Festas Patronais    
FESTAS::ENTROIDO  

Cartel"ENTROIDO EN PADERNE 2007" 254kb

 

ENTROIDO EN PADERNE

O mércores día 9 de marzo despedíronse as festas do Entroido en Paderne con unha gran festa en O Telleiro na que grandes e pequenos participaron cos seus disfraces competindo en imaxinación e vistosidade.

Encheuse a carpa que o Concello dispuxo para esta celebración na que tamén se procedeu á queima do Entroido; nela houbo música tradicional e de baile, non faltaron comida nin bebida para todos e, como en cada ocasión, queimada de Paderne.

Máis que festa, era un espectáculo no que daba gusto ver a cantidade de participantes que deron vida a esta animada velada. Tamén acudiron moitas persoas a disfrutar da noite vendo como as comparsas animaban cos seus ritmos e coreografías este divertido carnaval 2011.

 



 

 

 

 

 

 
 
Feria de Paderne: