Cruceiro de OPazo                
  Cruceiro de San Mamede ou da Hermida   Cruceiro de Santa María de Souto   Cruceiro de Paderne        
  Cruceiro de A Esfarrapa Cruceiro de A Picota  
CRUCEIROS::CRUCEIRO DE SANTIAGO DE ADRAGONTE <<volver  

 

Situado fronte á igrexa parroquial de Santiago de Adragonte. Este cruceiro é obra do século XVIII, de formas barrocas e estilizadas. A grada está practicamente enterrada no chan. O pedestal é sinxelo, forma prismática de caras lisas. A columna orixinal elegante e pouco corrente de forma salomónica con remate alto de collaríns circulares.

O capitel ten forma cuadrangular, a parte baixa decorada con querubíns alados nas caras e o remate alto de molduras rectas escalonadas.

 

A cruz artística e ben traballada, paos octogonais por rebaixe de aristas con extremos rematados en flor de azucena con botón central.

No anverso ten un Cristo crucificado moi ben esculpido, formas estilizadas e elegantes. Practicamente exento, cabeza levantada, ampla melena, anatomía marcada, mans abertas, pernas flexionadas e pano anoado á esquerda. No reverso, Virxe Dolorosa de harmoniosas formas, mans xuntas en oración, tocada de manto e adornada túnica, colocada sobre a peana en forma de nube.

Restaurado recentemente.

 
 
Feria de Paderne: