**ÚLTIMA HORA**
CABALGATA DE REIS EN PADERNE
O vindeiro día 4 de xaneiro as Súas Maxestades van a realizar unha visita ó Concello de Paderne para recoller as cartas de tódolos nenos e nenas.
Ás 14:30 h, teñen prevista a chegada á Casa do Concello desde onde serán guiados, xunto coa súa comitiva, por todo o termo municipal a así poder saudar a tódolos veciños.
Para honrar esta importante visita, o noso Concello vístese de gala ofrecendo unha festa no pavillón polideportivo de Viñas ó que teñen previsto chegar ás 18:45 h despois de recorrer tódalas parroquias.
O Alcalde, xunto co Equipo de Goberno, recibirá á Comitiva Real na súa chegada a Viñas que entrará no recinto ós sons da Escola de Gaitas San Pantaleón.
Como en anteriores edicións, os nenos e nenas de Paderne poden participar nun concurso de narracións breves e debuxos, participación que vai a ser recompensada cun agasallo que recibirán ese día de mans do Alcalde.
Todos van a poder deixarlles ós Reis as súas peticións e sacar con eles unha foto de recordo para disfrutar logo duns xogos de animación organizados por Caramuxo Teatro.
PARADAS DO RIVAS
1º Obre:
de 14:30-15:00 h na praza do Baile
2º Paderne:
de 15:00-15:30 h na praza do Concello
3º Quintas:
de 15:30-16:00 h no campo da festa
4º Vilamourel:
de 16:00-16:30 h na igrexa
5º Vigo:
de 16:30-16:40 h en Casa Beade
de 16:45-16:50 h en Esperela
de 16:55-17:05 h no local social
6º Adragonte:
de 17:10-17:20 h na marquesina do Casal
de 17:25-17:35 h no campo da festa novo
7º Velouzás:
de 17:40-17:50 h nas Palmeras, Condós
de 17:55-18:05 h na Cruz
8º Souto:
de 18:10-18:20 h no local de Chantada
de 18:25-18:35 h no campo da festa de Souto
BASES DO CONCURSO
1.- Poden participar no concurso rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos (na modalidade de narracións) ou entre 4 e 12 anos (na modalidade de debuxo). Estarán empadroados no Concello de Paderne.
2.- Os traballos entregaranse no Concello, na Oficina Municipal de Información Xuvenil ata o día 28 de decembro de 8:30 a 14:30 h.
3.- O tema dos traballos estará relacionado co Nadal en Paderne.
4.- No caso dos relatos, irán acompañados dun título.
5.- No caso de realizar un debuxo, terá o tamaño dun folio (A4)
6.- A redacción terá unha extensión máxima de dúas carillas tamaño folio (A4). A lingua empregada será o galego.
7.- No debuxo empregaranse cores e no caso de conter algunha palabra estará en galego. |